Mónica Freire asistiu á gala de peche do certame, que contou con financiamento de Medio Rural da Deputación de Lugo
Durante o acto, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, premiáronse as mellores interpretacións e obras entre as oito montaxes de compañías de Galiza, Burgos e Madrid, que se programaron ao longo do mes de outubro no marco do certame:
– PREMIO MELLOR ACTRIZ DE REPARTO:
– Yolanda Lozano (O aturuxo de Melpómene)
– PREMIO MELLOR ACTOR DE REPARTO:
– Xoán Padín (O Aturuxo de Melpómene)
– PREMIO MELLOR ACTRIZ PRINCIPAL:
– Cristina Hipólito e Laura de la Torre (A Cholón)
– PREMIO MELLOR ACTOR PRINCIPAL:
– Ramón Ángel Ares (A Adala)
– PREMIO ESPECIAL DO PÚBLICO
– Vivan os noivos (A Adala)
– SEGUNDO PREMIO MELLOR OBRA:
– A pena do cú do mundo (O aturuxo de Melpómene)
– PREMIO MELLOR OBRA:
– El lazarillo de Tormes (El duende de Lerma)
Mónica Freire valorou a iniciativa como “unha aposta valente pola cultura, que é parte fundamental do rural vivo e dinámico que queremos” e destacou o papel das compañías de teatro amador na dinamización cultural do rural, incidindo “no seu carácter interxeneracional” e “na oportunidade que ofrecen ás persoas con inquedanzas artísticas para desenvolver a súa creatividade”.
A gala concluíu coa representación da obra “O documento” do Colectivo Cultural Ollomao.