Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña “Ofertas Flash” e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local

Viveiro, 11 de novembro, 2022. A campaña que comezou o xoves 10 de novembro, consiste en realizar ofertas semanais nos 16 locais participantes.

Durante o mes de novembro, cada semana os negocios realizarán ofertas en determinados artigos, marcas, seccións, servizos, etc. Dezaseis negocios de distintos sectores súmanse a esta campaña, participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, xogueterías e perruquerías, creando unha oferta de artigos do mais variado.

Os locais participantes están identificados con carteis en forma de estrela nos que indican a Oferta Flash da semana. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar das promocións. Cada semana as ofertas irán cambiando.

Nesta primeira semana poderemos aproveitar as seguinte ofertas:

O obxetivo perseguido con esta actividade de dinamización comercial é revitalizar as ventas no comercio local durante o mes de novembro, dar ós clientes unha boa alternativa con ofertas moi tentadoras, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.

Mercar no comercio de proximidade axuda a construír comunidade, dar vida á vila, contribúe a un entorno mais sostible e a unha experiencia de compra mais personalizada, iso é o que intentamos transmitir ós clientes.

Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.

É moi importante lembrar que ata o 31 de decembro se poden canxear os Bonos Activa comercio, e que tamén está en funcionamento a campaña de Dias Azuis do comercio galego, na que simplemente por subir unha foto do ticket da compra a www.diasazuis.com se opta ó sorteo de tarxetas regalo de 150 e 250

Exit mobile version