Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS vence ao Viña Albali Valdepeñas 3-0 e clasifícase para octavos na Copa do Rei

Burela, 15 de novembro, 2022. Esta tarde ás 20h30 no Pavillón Vista Alegre o CD Burela FS enfrontábase a un dos encontros máis complexos deste año, ante un dos mellores equipos da Liga Nacional de Futbol Sala de Primeira División, o Viña Albali Valdepeñas, na Cuarta Eliminatoria da Copa do Rei, saíndo airoso cun 3-0, aparentemente máis doado do que debería, ante un “tenro” Valdepeñas que non consegue dar o nivel que esixe a competición.

Comeza o encontro e no minuto 2 Pitero adianta o marcador 1-0. Comeza a animarse o Burela FS e as primeiras rotacións, Rikelme, Nando e Isma. Comeza tamén o espectáculo do porteiro Michal Kaluza que fixo un partido incríble, deixando ao Valdepeñas sen goles no marcador a pesar de crear bastantes momentos de perigo que o porteiro polaco deixou en ocasións. O partido mantense 1-0 ata o descanso, cun Viña Albali nervoso e equívoco, que non consegue encaixar o gol.

No minuto 22, xa na segunda parte, Eloy marca o 2-0 que continúa activando ao Burela FS e afundindo ao Viña Albali Valdepeñas, que acaba recurrindo ao porteiro-xogador e arriscándose ao 3-0 que finalmente se fai realidade cun gol de M.Kaluza, sen dúbida o protagonista do encontro, con polo menos 5 paradóns e un gol que sentenciará o marcador co 3-0 final no minuto 37.

Despois dun partido de 10 por parte do equipo burelense agora toca celebralo, descansar e centrarse nos sábados, importantes para gañar os tres puntos semanais aproveitando a boa dinámica e seguir desfrutando dos encontros da Copa do Rei, sen presión, sen complexos e con decisión e atrevemento, demostrando a frescura dun equipo sempre con ganas de levarse máis alegrías. E se son en Vista Alegre, mellor.

Ficha Técnica:

CD Burela FS: M.Kaluza, Lucho, Pitero, David Pazos, Eloy – cinco inicial- Bruno Expósito, Isma, Nando, Rikelme, Alberto Mirás, Antón, Bruno.

Viña Albali Valdepeñas: Edu, Lazarevic, Batería, Abbasi, Boyis, – cinco inicial- Claudino, Lemine, Ivi, Rafael Rato, Bynho, Nano, Matheus Preá, Óscar de la Faya.

Goles: Min.2 Pitero 1-0; Min.22 Eloy 2-0; Min.37 M.Kaluza 3-0.

Exit mobile version