Completan os recoñecementos os equipos Viogen da Garda Civil, a Marcha Mundial das Mulleres, a Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller de Galicia-ASOCIM e o Comando Igualdade do IES Alexandre Bóveda de Vigo
Os recoñecementos Meninas foron instituídos polo Goberno de España co obxeto de poñer en valor a persoas e institucións que incorporaron estratexias, iniciativas ou proxetos para combater a violencia sobre as mulleres e promover a igualdade.
En Galicia este ano o recoñecemento acada ás cinco entidades e institucións e engádese unha mención honorífica, que recae nesta ocasión na periodista ourensá Cristina Huete Álvarez.
Xunto co delegado do Goberno, José Miñones, o xuardo completouse coas persoas titulares das subdelegacións provinciais: María Rivas, Isabel Rodríguez, Emilio González e Maica Larriba. Contou coas propostas da Unidade de Violencia de Xénero da Delegación e as súas unidades provinciais de coordinación. Nas súas deliberacións recibiron tamén aportacións da sociedade galega e aportacións de candidaturas que, concluíron nun fallo final. Nel recóllense as motivacións de cada un dos recoñecementos. No caso do CD Burela FS, o xurado reconoce o paso adiante que supuxo a firma, en 2018 e no seno desta entidade, o primeiro convenio colectivo para mulleres deportistas, con cláusulas específicas de conciliación e promoción profesional. Unha decisión histórica que tomou en solitario o club lucense e que constitúe un exemplo de como aplicar de forma efectiva a igualdade entre homes e mulleres no deporte. Nestes anos, o equipo feminino realiza accións de sensibilización e concienciación contra a violencia sobre a muller, por exemplo, dedicando partidos á loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes y enviando mensaxes de sensibilización contra esta lacra.
Recolleron o galardón o presidente do club CD Burela FS, Manuel Blanco Fanego, e unha das capitanas e porteira do equipo senior feminino, Joziane de Oliveira.
Dende o CD Burela FS estamos moi orgullosos e orgullosas deste recoñecemento e seguiremos loitando pola igualdade no deporte e realizando accións de sensibilización e concienciación contra a violencia sobre a muller.