Nunha segunda parte chea de goles, o Futsi gaña ao CD Burela FS 4-3 en Navalcarnero
Na primeira parte o CD Burela FS foi lixeiramente superior ao Futsi, con bastantes ocasións de gol por parte dos dous equipos, pero máis e máis claras por parte do Burela, sobre todo na recta final antes do descanso, pero sen lograr subir o marcador durante os 20 minutos de xogo.
Cunha primeira parte sen goles, máis reñida e máis propia dun partido entre dous equipos da categoría do Futsi e o Burela FS, chega unha segunda parte de infarto, chea de goles ata o último minuto. No minuto 26, Cilene abre o marcador cun gol de penalti por unha man na área e segundos despois Becha empata o partido 1-1 cun golazo dende fóra da área. No 29, Ame Romero pon o marcador 2-1 despois dun saque de banda e un minuto despois, un erro defensivo do Burela que deixa a dúas xogadoras do Futsi contra a porteira Jozi Oliveira, despois dunha recuperación de Irene Córdoba, otorga unha vantaxe de 2 goles ao equipo madrileño. No minuto 34 Emilly comeza a remontada por parte do Burela subindo 3-2 o marcador despois dun xogadón de Peque, e un minuto despois, de novo unha enorme Emilly empata o partido 3-3. Despois de varias ocasións moi claras por parte do Burela FS, o Futsi remata o partido atacando con 5 para 4 e metendo o último tanto, bastante afortunado, no último minuto despois dun rebote, deixando o marcador 4-3 para o Futsi e sen segundos para o Burela FS.
Aínda que o CD Burela FS volve á casa sen puntos, trae boas sensacións. Para o seu entrenador Julio Delgado competiron ben os 40 minutos e tiveron ocasións moi claras, sobre todo na segunda parte. Tamén engade “temos que xerar moitas ocasións para facer gol e irémolas xerando, e ao final da tempada seguramente teñamos o tino moito máis xusto e faremos máis goles”.
Ficha Técnica:
CD Burela FS: Jozi Oliveira (P), Cilene, Jenny, Patricia, Emilly, – cinco inicial- Dany, Peque, Antía Pérez, Irene Samper, Caridad (P).
Futsi Atlético Navalcarnero: Belén (P), Ariane, Irene Córdoba, María Sanz, Lorrana Dias, – cinco inicial- Becha, Leticia, Ju Delgado, Ame Romero, Elisabeth Pastor, Luchi, Vanessa Sotelo, Marta Balbuena (P).
Goles: Min.26 Cilene 0-1 (P); Min.26 Becha 1-1 (P); Min.29 Ame Romero 2-1; Min.30 Ariane 3-1; Min.34 Emilly 3-2; Min.35 Emilly 3-3; Min.39 María Sanz 4-3.
Equipo Arbitral: Óscar Gómez Merino, Francisco Javier Marazuela Hernando, Roberto Aragón González, Ángel López Moreno.