O club burelense lócese cun 0-7 no Poliesportiu Can Vidalet contra un AE Penya Esplugues moi grande e motivado
Burela, 1 de novembro, 2022. As xogadoras do CD Burela FS mostraron a seriedade e competitividade que as caracteriza, controlando o partido durante os 40 minutos de xogo. Sumando goles de forma paulatina e constante lograron impoñerse cun 0-5 no descanso nunha primeira parte dominada de forma clara polo equipo Laranxa.
Na segunda parte do encontro o equipo catalán sae con forza intentando frear ao Burela durante os primeiros 12 minutos, pero no minuto 32 Cilene anota o seu segundo gol do partido, marcando de novo a superioridade do mellor equipo do mundo. Nos últimos minutos de xogo, co partido xa resolto, Dasha pon a guinda do pastel anotando o 0-7 co que acabará o encontro.
Pese a xogar contra un equipo de categoría inferior, no que podían haberse relaxado, tras a longa viaxe dende Burela e despois do partido do sábado pasado, as Guerreiras Laranxas non baixaron a garda en ningún momento, mostrando unha boa actitude e seriedade moi destacables.