O Servigroup Peñíscola FS remonta na segunda parte con 4 goles deixando o encontro en empate 4-4
Con un cuestionado arbitraxe para os dous equipos, o encontro comeza con dous expulsións por falta na área, no minuto 2 de José Mario e no 6 de Plaza, con dous penaltis e dous goles de F.Torres e David Pazos. Segundos despois do segundo penalti, David Pazos volve a subir o marcador 3-0 para o equipo naranxa e no 14, Pitero mete o cuarto gol para o Burela deixando o marcador 4-0 no descanso a pesar da presión do equipo rival, que recorre ao porteiro xogador no minuto 15 sen conseguir resultados ata a segunda parte. Antes do descanso Isma é expulsado por dobre amoestación, supoñendo a grande perda dun jugador moi polifacético e importante no 5 para 4 para o CD Burela FS.
Na segunda parte, o Peñíscola FS continúa a presión co porteiro xogador e no minuto 24, Sancho consegue o primeiro gol do equipo valenciano e vuelve a aparecer no 25 cun segundo gol que estremece ao Burela. Continúa un Peñíscola moi motivado presionando e o Burela recorre ao porteiro xogador dándose un breve respiro, pero o Peñíscola vense arriba e, aprobeitando dous erros do Burela, Elías e Quintela rematan o marcador nos dous últimos minutos co 4-4 final. Aínda que sexa un final triste, David Rial, entrenador do CD Burela FS, móstrase orgulloso do seu equipo por ser o primero que lle saca puntos ao primeiro clasificado, demostrando o complicado que é sacar os 3 puntos en Vista Alegre.
Ficha Técnica:
CD Burela FS: M.Kaluza, Lucho, Pitero, Antón Arnejo, David Pazos, – cinco inicial- Bruno Expósito, Isma, F.Torres, Rikelme, Alberto Mirás, Eloy, Bruno.
Servigroup Peñíscola FS: Starna, Plaza, Juanqui, Elías, D.Quintela, – cinco inicial- José Mario, Cristian, Pani, Gauna, Saladié, Diego Sancho, Gus (P), Rafa López (P).
Goles: Min.3 Nando 1-0 (P); Min.6 David Pazos 2-0 (P); Min.6 David Pazos 3-0; Min.13 Pitero 4-0; Min.24 Diego Sancho 4-1; Min.25 Diego Sancho 4-2; Min.38 Elías 4-3; Min.39 D.Quintela 4-4.
Equipo Arbitral: Peregrino Ambrosio Abdulay Ndoho, Iñaki Castillejo Álvarez, Borja Pérez Muñiz, Eva López Seijas.