Site icon Crónica3.com A Mariña

O bo tempo axuda ao avance das obras que se seguen a acometer en Ribadeo

Ribadeo, 12 de novembro de 2022. O bo tempo axuda ao avance das obras que se seguen a acometer en Ribadeo e que hoxe se poden ver no vídeo que o alcalde, Fernando Suárez, compartiu nas súas redes sociais.

O rexedor ofrece este sábado “un rápido paseo por algunhas das cousas que as mulleres e homes do goberno municipal estamos a conseguir para a veciñanza deste marabilloso Concello que se chama Ribadeo”.

Á vez que lembra a campaña das Panchas: “saúde teñades e boa finde pasedes tod@s e non deixedes de mercar nos nosos comercios coa nosa moeda local, a Pancha”.

No vídeo pódese ver o inicio da construción de máis pistas de petanca ao pé da oficina de turismo “para cubrir a grande demanda deste xogo”. O avance dos traballos na ponte que une Ribadeo e Trabada, entre Piñeiro e Balboa, así como o remate da estrada dos Fornos, en Remourelle”.

Tamén estes días continúa a eliminación da flora invasora “para plantar seguidamente vexetación autóctona e a recuperación da contorna do Cargadoiro”.

As obras do carril bici na estrada do Faro e en Campoxurado son tamén protagonistas, xa que “logo de semanas de preparación nestas últimas xornadas inicióuse o aglomerado”. E segue avanzando a ampliación da Ponte de Feve, en Ove, “obras estratéxicas para Ribadeo que executa a Deputación”.

Exit mobile version