O deputado no Congreso Néstor Rego estará este venres en Burela nun acto público ás 20:00 na Praza de Abastos
O responsable comarcal Antonio Veiga anunciou que este venres 2 de decembro ás 20:00 haberá un acto informativo, aberto a todo o público na Praza de Abastos de Burela no que intervirán Ana Ermida, Mario Pillado e o deputado no Congreso Néstor Rego para abordar todos estes temas. Así memo desde o Bng animan a participar na manitestación nacional do día 18 de decembro en Santiago e para a que ponen autobuses de balde a disposición da cidadanía, anotándose no tfno. 982 140 654 ou no correo amarinha@bng.gal
Apoio ao comercio local
O BNG vén de poñer en marcha tamén a campaña de apoio ao comercio local “Mellor local, mellor galego” que coma todos os anos desenvolve en datas previas ao Nadal para incentivar a compra de produtos locais e galegos, a recuperación dos mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais e fomentar a producción alternativa e ecolóxica.
Unha Mariña con futuro
Desde o BNG convidan a toda a comarca a participar nestes actos, para facernos valer, para gañarmos o futuro, “porque na Mariña hai futuro, e queremos un país e unha comarca en que se poida vivir e traballar, que aposte pola defensa dos servizos públicos, especialmente a sanidade, o emprego e a industria (sobre todo nesta comarca que sufre un desmantelamento contínuo neses eidos), pola pesca, polo rural, e pola igualdade e a protección social” afirmaron os nacionalistas.