Sanidade, industria, portos, infraestruturas de saneamento, entre outras, forman o groso das emendas presentadas polo BNG
Infraestruturas básicas para os concellos mariñaos
Nunha situación como a que vive a comarca da Mariña nos últimos anos, agravada agora pola crise de prezos, a Xunta debe actuar e debe volcarse nesta comarca, afirman desde o BNG, e solicitan tamén que o Partido Popular remate co seu trato discriminatorio aos concellos que non son da súa cor política, que na Mariña son moitos. Neste sentido, o responsable comarcal Antonio Veiga afirmou que “o PP está sometendo aos concellos que non son da súa cor a un trato inxusto e discriminatorio, discriminando así aos veciños e veciñas que están gobernados por outras formacións políticas que non son o PP”.
A nova EDAR para Barreiros é unha das propostas que presentou nas súas emendas o BNG, xunto coa nova EDAR para Burela, a construcción dos polígonos industriais que demandan Muras, O Valadouro, Riotorto e a terceira fase do parque empresarial de Barreiros que xa está ocupado ao 100%.
A dragaxe do porto de Tupide en Foz e a modificación da bocana da entrada e outra das demandas dos nacionalistas, dado que na baixamar non se cumpren os mínimos de calado e lámina de auga que se deberían garantir. E presentan tamén unha proposta semellante para o porto principal que tén unha canle de entrada que limita o acceso na baixamar.
A ampliación da escola infantil A Galiña Azul en Foz, un Plan de Ciclos Formativos relativos á pesca e á industria son outras das propostas do BNG.
Daniel Castro explicou que estas emendas aos orzamentos centranse en dous piares fundamentais: a sanidade e a industria. “Despois do desmantelamento do tecido empresarial ao que o PP someteu a esta comarca na última década, nestes orzamentos vemos como segue esquecendo á Mariña e non acabamos de ver un plan de industrialización e emprego que tantas veces demandou a sociedade maríñá. E falando de desmantelamentos, outro tanto fixeron e siguen facendo coa sanidade” afirmou.
A sanidade, e especialmente a atención primaria, prioridade en toda a comarca
E en temas sanitarios, o BNG segue a demandar a mellora da asistencia primaria e do servizo de pediatría en toda a comarca, creación de prazas de enfermeir@s escolares e tamén enfermeir@s especialistas en obstetricia en xinecoloxía, e recuperar o segundo técnic@ sanitari@ para a ambulancia medicalizada na Mariña. A proposta nacionalista é incrementar en 8.000.000€ para a Mariña a consignación orzamentaria para a Atención Primaria.