Excepto casos illados, as paradas de autobús de Viveiro non contan co máis mínimo letreiro indicador, nin de presenza nin de información cos destinos, horarios e prezos, e poucas son as que contan con marquesiñas para estarmos ao cuberto das diferentes condicións climatolóxicas. Estas últimas solicitadas reiteradamente polo BNG ano tras ano coincidindo co comezo da tempada escolar.
Polo exposto a voceira do BNG de Viveiro, Míriam Bermúdez, solicitará ao pleno da corporación local a adopción dos seguintes acordos:
. Colocar indicadores con información nas paradas con información dos destinos, horarios e prezos, comezando polas que teñan máis frecuencias de liñas.
. Gardar unha partida dos Orzamentos Municipais 2023, ou do próximo Plan Único da Deputación se fora necesario, para a instalación de marquesiñas nas paradas priorizando as de uso escolar.