As preguntas da voceira do BNG foron claras: “que pasou con esa achega que se afirmou que ía ser destinada para arranxar estas estradas das Pallaregas? onde vai ese importe que se supoñía que eran exclusivos para esta obra?”
Despois da intervención de Míriam Bermúdez, o PSOE dixo que era mentira a información que lle proporcionaron ao BNG e que se ía amañar esta estrada, aínda que a realidade é que as máquinas alí estiveron arranxando outros viais e agora non están, deixando o vial vertebrador das Pallaregas sen amañar.
“Resulta curioso que despois de estar arranxando varios viais das Pallaregas, agora coa maquinaria noutro lugar, decidan de novo volver, atrasando esta obra e tamén outras, creando un gasto en tempo e diñeiro no transporte da maquinaria innecesario” incide Míriam Bermúdez.
“Aínda que tarde, agardamos que polo menos retomen as obras nesta estrada das Pallaregas, e a poder ser, aproveiten para repasar outras masas asfálticas, pois non é a única estrada do lugar que necesita de mantementos”, rematou Míriam Bermúdez.