Participaron militantes e simpatizantes de toda a bisbarra da Montaña de Lugo e tamén concellos veciños como Castroverde ou Pol
A Fonsagrada, 06 de novembro de 2022. O Bloque Nacionalista Galego na Fonsagrada desenvolveu unha xornada de convivencia e irmandade coa base nacionalista da Montaña de Lugo, e tamén, con concellos veciños como Baralla, Pol ou Castroverde.
Neste evento tamén participou a deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Carme Aira,o responsábel local do BNG en Lugo e concelleiro na cidade, Felipe Rivas e o concelleiro de Lugo, Alexandre Penas.
A xornada destinouse a compartir experiencias e problemáticas que afectan á zona, como por exemplo, os problemas en sanidade, a falta de medidas axustadas ao territorio, a situación do sector agrogandeiro ou boom eólico que ameaza a todo este territorio.
Para pór fin a esta xornada, desenvolveuse un xantar de confraternidade.