Sábado, 19 de novembro 2022. A sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma na atención primaria. Como é sabido, as políticas sanitarias do Partido Popular levaron a esta situación que se fai notar, e dun xeito moi acusado na nosa comarca, na Mariña, e esta situación agrávase especialmente no servizo de atención pediátrica que ao longo do ano veu afectando a Xove, Cervo, Burela, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo…..e varia localidades mais prácticamente en situación de colapso e a situación mais grave, a destes días en Viveiro, donde faltan os dous pediatras que atenden o centro de saúde e que atenden tamén a Ourol e O Vicedo, o que provoca a indignación de veciños e veciñas que denuncaron esto públicamente.
A atención pediátrica, colapsada, o PP sen resposta
Para o BNG, no servizo de atención pediátrica chove sobre mollado, pois tal como afirma o deputado mariñao Daniel Castro “levamos ao Parlamento en mais dunha ocasión esta problemática, a última o pasado 9 de novembro, donde denunciamos o colapso deste servizo na Mariña e no conxunto do país e o PP rexeitou comprometerse a tomar todas as medidas necesarias para garantir a asistencia pediátrica ás nenas e nenos”. Castro explicou tamén que os populares neganse a levar a cabo as accións oportunas para garantir o número de prazas MIR en pediatría suficientes para cubrir o total de prazas que garanta a atención completa de nenas e nenos. “O único ao que se comprometeu o PP nesa sesión parlamentaria foi a presentar nun prazo máximo de tres meses un informe sobre o estado actual dos servizos de pediatría” manifestou o deputado mariñao.
Apoio ás mobilizacions
Desde o BNG comarcal animan á cidadanía a participar nas concentracións que nos vindeiros días se van desenvolver na comarca, convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña e por SOS Sanidade Pública, que empezarán este domingo día 20 no centro de saúde de Viveiro e continuarán por outros concellos nos vindeiros días en defensa da atención primaria e especialmente da atención pediátrica.
Así mesmo o responsable comarcal do BNG Antonio Veiga anima tamén a todas as mariñás e mariñaos a asinar os pregos da ILP pola mellora da atención primaria, nas recollidas de sinaturas que se realizan nas diferentes localidades.