Viveiro, 16 de novembro de 2022. O Concello de Viveiro anuncia que nos vindeiros días se procederá á activación no municipio da rede móbil 4G e 5G de nova xeración.
Esta tecnoloxía permitirá conexións móbiles de alta velocidade acompañadas de melloras significativas da cobertura, mais este despregamento realizarase sobre bandas de 700 e 800 MHz, polo que pode dar lugar a interferencias na sinal de televisión.
Se calquera veciño ou veciña detecta algún tipo de problema ou incidencia na visualización de canles da TDT ou no servizo en xeral, debe poñerse en contacto coa empresa Llega700 ao longo dos próximos 6 meses a través de:
-e-mail: ayuda@llega700.es
-Teléfono: 900 833 999