Site icon Crónica3.com A Mariña

“Néstor Rego e o BNG son como a ponte da A-6 na política do estado, simplemente desaparecen”, por Juan Carlos Piñeiro

Dende a Comisión Executiva Nacional de Compromiso por Galicia queremos lembrar á opinión
pública que o día 7 de outubro de 2019: Ana Pontón e Piñeiro Docampo asinaban en
Compostela un acordo para que CxG apoiase as listas do BNG ás xerais, formando parte das
mesmas persoas de CxG. Acadando conxuntamente máis de 120.000 votos o 10/11/2019. Nas
de 28/04/2019 o BNG tiña 93.810 votos. A suma de BNG+CxG puxo a Néstor Rego no Congreso.

Logo de ter acadado algún éxito para Galicia, a forza e presenza política de Néstor Rego foi diluíndose e practicamente desaparecendo “a influenza política de Néstor Rego en Madrid e exactamente a mesma que a da Ponte do Castro e Pedrafita: desaparecidos” manifestou Piñeiro Docampo, Secretario Xeral de CxG. “nos derradeiros orzamentos de Pedro Sánchez o BNG non consegue melloras para Galicia e opta pola posición conservadora da abstención, mais a abstención non paga a factura da luz e do gas, ou soluciona os problemas da pesca e dos gandeiros, ou nos conecta a Portugal, a abstención paga a presenza do BNG en gobernos das deputacións, iso pouco importa aos galegos e galegas” valorou Piñeiro Docampo.

Galicia leva tempo mal representada nas políticas do Estado e para tristeza de CxG este acordo non mellorou a situación. O BNG vota en contra ao incremento do gasto en defensa e despois irá a Ferrol a pedir carga de traballo para Navantia, dende CxG non podemos seguir compartindo esta folla de ruta e enviaremos ao BNG decisión de romper o acordo político do 7 de outubro de 2019 por falta de forza de Pais no BNG e exceso de posición ideolóxica, situando a Galicia na negociación do Estado por detrás de Cantabria.

Exit mobile version