O orzamento reflicte a contención do gasto, da que non se ven afectadas as partidas para servizos sociais
O goberno municipal, presidido polo popular Manuel Ángel Otero, destaca que o orzamento reflicte o compromiso do Concello, nestes momentos difíciles, cos maiores, os dependentes e, en xeral, cos que máis precisan dos servizos sociais. Neste apartado non hai redución do gasto, senón incremento.
Dende o equipo de goberno tamén se indica que “realízase unha aposta pola consolidación de servizos dos anos anteriores e abertos a demanda de novas necesidades sociais“.
En canto a investimentos, o orzamento, no capítulo VI, recolle fondos para aqueles que son financiados con recursos propios. O goberno local opta por proceder, chegado o caso, a modificacións orzamentarias para efectuar as aportacións propias necesarias, para levar a cabo as obras resultantes doutras administración (plans Urbe, Rexurbe,e Único)
No orzamento consígnanse as partidas necesarias para facer fronte ao mantemento dos servizos públicos básicos, como son a recollida e tratamento de residuos, a iluminación pública, e, entre outros, o mantemento das zonas axardinadas.