43º Latitude Norte é un espectáculo de títeres en 3 actos, con 3 técnicas distintas + 1 presentador.
O Camiño está cheo de aventuras incribles e fascinantes personaxes para os que deciden emprendelo.
Unha viaxe polo Camiño Norte
É un espectáculo no que o Camiñante descubre o loubican Raio no medio do monte e convértense en compañeiros inseparables. Máis adiante atópase con Antolín o bailarín e conforman o dúo tradicional con máis ritmo da historia. E cando por fin logra o seu lugar, disposto a sentala cabeza, choca de fronte co Propietario, revivindo a historia máis vella do mundo.