Burela, 17 de novembro de 2022. Mircromina Teatro de Títeres estará este sábado, 19 de novembro, en Burela dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Burela. Será ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura con entrada de balde. Trátase dunha función dirixida ao público familiar.
43º Latitude Norte é un espectáculo de títeres en 3 actos, con 3 técnicas distintas + 1 presentador.
O Camiño está cheo de aventuras incribles e fascinantes personaxes para os que deciden emprendelo.
Unha viaxe polo Camiño Norte
É un espectáculo no que o Camiñante descubre o loubican Raio no medio do monte e convértense en compañeiros inseparables. Máis adiante atópase con Antolín o bailarín e conforman o dúo tradicional con máis ritmo da historia. E cando por fin logra o seu lugar, disposto a sentala cabeza, choca de fronte co Propietario, revivindo a historia máis vella do mundo.