Roberto Bartolomé exporá mañá ao alumnado do IES de Foz o traballo arqueolóxico realizado nos últimos anos nesta zona
As catas programáronse co obxectivo de seguir avanzando na documentación e contextualización do xacemento, recabando información nunha zona especialmente vulnerable ao deterioro provocado polos temporais e á acción erosiva do mar. Nas intervencións, dirixidas polo arqueólogoRoberto Bartolomé, acháronse restos de cerámicos feitos a man, que inciden na ocupación da zona nos primeiros séculos da nosa era e que contribúen a delimitar as zonas de interese para futuras prospeccións.
A deputada de Medio Rural Mónica Freire e o tenente de alcalde Francisco Xavier Fanego sinalaron a necesidade de continuar co estudo do xacemento para obter a maior información posible antes dun deterioro irreversible e destacaron o interese que a arqueoloxía e a xestión do patrimonio teñen como elemento de dinamización cultural e ferramenta educativa.
A área de Medio Rural investiu 4.000 euros nesta intervención arqueolóxica, que se suman a outras iniciativas de protección do patrimonio apoiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo na comarca da Mariña, como o estudo preliminar impulsado por Mariña Patrimonio no castro de Rueta, en Cervo.
Charla divulgativa no IES de Foz
O arqueólogo Roberto Bartolomé compartirá este vernes co alumnado do IES de Foz o interesedos achádegos realizados no xacemento durante estes anos, como resultado dun traballo científico, baseado en datos, co que se articula o relato histórico.