Lugo, 20 de novembro de 2022. A deputada Mónica Freire asistiu esta mañá a VII Feira do Mel de Muras, que reune 25 postos de venda de mel e outros productos agroalimentarios do outono no Viveiró. A área de Medio Rural da Deputación de Lugo colabora co Concello de Muras na organización da feira, que pon en valor a calidade do mel das producións locais e facilita a súa venda directa aos consumidores.
Mónica Freire explicou que “desde a área de Medio Rural valoramos especialmente estas iniciativas que inciden na diversificación produtiva do rural, promovendo actividades como a apicultura que xeneran rendas complementarias para as persoas que viven no rural e contribúen ao mantemento do medio natural”.
Nese sentido, a deputada destacou “o traballo que o goberno municipal de Muras ven desenvolvendo para dinamizar económicamente e socialmente o concello a partir do aproveitamento do monte”.
A feira, que conta cunha achega de 6.000 euros da área de Medio Rural da Deputación, complementou a venda de productos agroalimentarios cun certame de mel de calidade e cun programa lúdico con demostracións de cociña –con Beatriz Sotelo- e coctelería –con Diego Mosquera- e obradoiros infantís e un certame de mel de calidade.