Pódese formar parte do grupo dos Verdes en Europa e defender os intereses da frota galega? Esta é a pregunta que se fan moitos sobre o BNG e as súas malas compañías, pola súa asociación cos promotores do veto á pesca de fondo.
Os nacionalistas din que é unha irmandade táctica -como grupo parlamentario poden acceder a máis recursos e asesores- pero que defenden intereses moi distintos, por non dicir incompatibles.
O BNG esfórzase por facernos crer que eles non están dacordo con esa norma que expulsa á frota galega de moitas zonas de pesca, pero a realidade é que non son capaces de convencer aos seus socios do erro que cometeron con estas prohibicións e tampouco poñen en cuestión a súa pertenza ao grupo dos Verdes, que tanto dano está a facer á pesca galega.
Toño Gallego (Cervo)