Varios particulares chamaron ao 112 para comunicar os feitos, pois saía abundante fume do interior do inmoble. Os axentes da Policía Local de Ribadeo evacuaron á única persoa que estaba no interior, que non resultou ferida.
A continuación, os Bombeiros de Barreiros controlaron e apagaron as lapas, que se propagaron por varios puntos do salón, caendo o falso teito, aínda que non chegaron a estenderse a outros puntos pola rápida actuación dos equipos de extinción. O resto do edificio non resultou danado. Tamén se solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de xeito preventivo.