Montouto é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e funcionario de carreira do corpo superior. Procede da Deputación Provincial de Lugo, onde estivo vinculado aos servizos de xestión tributaria e recadación. Entre os anos 2003 e 2009 foi xefe do Servizo Xeral de Xestión do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes).