García Porto reivindicou a “capacidade” das entidades locais “para xestionar con transparencia e eficacia os fondos europeos”. “A administración local non é unha sorte de irmá pequena ou unha administración de segunda. Ben ao contrario, é o terminal último garante que as directrices europeas se convertan en realidade”. Polo tanto, subliñou, “incrementar o fluxo de recursos a disposición das entidades locais -con criterios de racionalidade e control, por suposto- resulta fundamental para garantir o éxito das políticas de recuperación do territorio e de loita contra o reto demográfico”. Entre outras moitas conclusións, o traballo desenvolvido no marco do Life in Common Land e no propio congreso clausurado hoxe “facilítanos argumentos para soster esta reivindicación”, destacou a Deputada.