Desde Gaia explicaron que “do 19 ao 27 de novembro celebrouse a Semana Europea da Redución de Residuos. Trátase dunha campaña de concienciación sobre a xestión sostible dos recursos e dos residuos e nos este ano fixemos fincapé en non tirar comida ao lixo, potenciando as receitas de aproveitamento”.
As monitoras indicaron que “fixemos accións en tres sitios: na asociación Camiña, no centro de día de Eu Son e no Ceip Virxe do Carme co alumnado de primeiro. Con todos eles fixemos receitas de aproveitamento do pan preparando chulas ou torrijas, para que se dean conta de que moitas veces tiramos o pan que nos sobra e poderíase aproveitar con receitas das que denominamos de toda a vida, elaboracións que son moi nosas”.
E engadiron: “tentamos conciencialos para non tirar a comida que nos sobre ao xantar, empregala á cea ou facer outras receitas e así non xerar mais lixo e non desaproveitar os recursos e os alimentos que temos”.