Xove, 3 de novembro, 2022. Os días 11, 12, 18 e 20 deste mes de novembro vaise desenvolver en Xove, e Alfoz, o Festival Cine de Mulleres co gallo do 25 N, Día contra a Violencia de Xénero.
As películas que se van proxectar en Xove, son:
Venres, 11 de novembro ás 19:30 horas: “Julia” + coloquio.
Sábado, 12 de novembro ás 19:30 horas: “El secreto de las abejas” + coloquio.
As proxección vanse realizar na Aula de Formación do Concello.
En Alfoz:
Venres, 18 de novembro ás 19 h: “Julia” + coloquio.
Domingo, 20 de novembro ás 19h: Les Guardiennes + coloquio
Nos dous casos na Casa da Cultura
A Organización desta actividade corre a cargo de Nomenklaturas Gestión Kultural/Filmu 02, coa colaboración do Observatorio da Mariña pola Igualdade e o Patrocinio dos Concellos de Xove e Alfoz.