Site icon Crónica3.com A Mariña

Ducias de persoas en Burela na I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero

Burela, 21 de novembro de 2022. Ducias de persoas participaron onte, domingo, en Burela na I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero.

Foi organizada pola Concellería de Muller e Igualdade coa colaboración da asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, que deseñou o trazado e guiou ao resto de participante, e do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Burela, cuxos integrantes leron un manifesto antes da saída e dinamizaron a chegada con diversas actividades.

A I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero celebrouse onte, 20 de novembro, desde as 10 da mañá. Os participantes realizaron un percorrido de algo máis de 8 quilómetros, con saída e chegada á Praza do Concello.

As persoas que acudiron a esta cita colaboraron aportando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e recibiron unha camiseta conmemorativa.

Exit mobile version