Site icon Crónica3.com A Mariña

Deron comezo en Ribadeo os traballos de construción de tres pistas de petanca na rúa Dionisio Gamallo Fieirros

Ribadeo, 7 de novembro de 2022. Deron comezo os traballos de construción de tres pistas de petanca na rúa Dionisio Gamallo Fierros. O investimento ascende a 14.500 euros e o prazo de execución será dun mes.

O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, explicou que “deron comezo os traballos de construción de tres pistas de petanca na rúa Dionsio Gamallo Fierros, a carón da oficina de turismo de Ribadeo”.

O edil ribadense subliñou que “debido á grande demanda existente por parte da poboación decidimos desde o equipo de goberno ampliar a zona para a práctica deste deporte, que reúne a tantas persoas no parque de San Francisco a diario desde hai xa bastante tempo”.

Vizoso Galdo contou que “deste xeito dentro dun mes contaremos con tres novas pistas, que se unen á zona habilitada no seu día no parque. Esas tres pistas estarán separadas por taboleiros de madeira. O investimento ascenderá a 14.500 euros procedentes de fondos propios do Concello e o prazo de execución será dun mes”. Os traballos estaos a realizar a empresa Gestión Gratelu.

O alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Obras e Economía, Mónica Freire e Pablo Vizoso, supervisaron este mediodía o inicio destas obras xunto a varias das persoas que xogan á petanca en Ribadeo.

Exit mobile version