O camión estará no parque de San Francisco os días 18, 21 e 22 de novembro e as persoas interesadas poden apuntarse no teléfono 622 74 82 83 ou no 623546992
Ribadeo, 18 de novembro de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, destaca “o servizo de proximidade e de atención individualizada” que supón o programa ‘Coidados porta a porta’ xestionado pola Xunta. Trátase dun servizo público co que “seguir mellorando os servizos sociais e sanitarios”.
“Seguimos a traballando para acercar servizos sociais e sanitarios aos veciños. Todos defendemos e cremos na sanidade pública e nos sanitarios. Pero isto non se defende con palabras, senon con orzamentos, e precisamente é o que está a acontecer co programa Coidados Porta a Porta” apunta Vega.
O voceiro explica que o autobús de ‘Coidados porta a porta’ ofrece ás persoas maiores de 55 anos, e con cita previa, servizos de estimulación da memoria (estimulación cognitiva, funcional, prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables), podoloxía (consulta básica, valoración do estado xeralizado do pé e eliminación de durezas ou calosidades) e audioloxía (consulta básica, exploración funcional de audición e prevención da perda auditiva).
Ademais, o popular destaca “a comunicación directa entre os centros de saúde e os Coidados Porta a Porta” co obxectivo de axilizar e facer un tratamento máis preciso aos veciño da vila.
COIDADOS PORTA A PORTA EN RIBADEO
O camión que serve como punto de atención deste programa de atención personalizada estará no parque de San Francisco en Ribadeo, hoxe venres 18, luns 21 e martes 22 de novembro. As persoas interesadas poden apuntarse chamando ao teléfono 622 74 82 83 ou no 623 54 69 92.