Ademáis, partidas deste convenio destinaranse tamén para outras moitas citas veciñais e parroquiais nas que o concello colabora activamente.
A rexedora local quixo agradecer ao presidente provincial esta achega, que “axudará a seguir celebrando algunhas das festas e actividades máis arraigadas entre os veciños e veciñas de Viveiro e que supoñen tamén un pulo turístico e económico para o tecido empresarial de Viveiro”.
O Concello de Viveiro traballa activamente desde hai anos para manter e impulsar todas as tradicións locais, desestacionalizando ademais desta forma a chegada de visitantes.