Esta charla, foi organizada dende a Área de Igualdade na campaña ‘Ribadeo contra a violencia machista, antes, agora e sempre’. Laura Viñuela, que foi a encargada de impartila, é musicóloga e consultora de xénero e faloulle ao alumnado sobre como deben ser os bos amores e ensinoulles a ter filtro crítico coas cancións.
Laura fixo fincapé no espazo que cada persoa debe ter para si mesm@ e ilustrouno cunha diana no que o núcleo é unha mesm@ e os círculos seguintes son @s máis achegad@s e que deben de protexerse da frecha de Cupido que sempre vai ao centro saltándose as barreiras que temos que poñer.
As actividades para conmemorar o 25N seguirán este sábado co recital de Lúa Mosquetera, que terá lugar no Quiosco da Música a partir das sete da tarde. En caso de choiva a actividade trasladarase ao auditorio.