Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurado o curso sobre cultura dos viños do mundo en Ribadeo

Ribadeo, 29 de novembro, 2022. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo clausurou este mediodía o seu curso sobre cultura de viños do mundo, organizado en colaboración coa Deputación de Lugo.

A formación, que tivo lugar os días 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de novembro no Parador de Turismo de Ribadeo, abordou un total de 40 viños internacionais nunhas 50 horas lectivas e contou tamén cunha viaxe á Ribeira Sacra.

Na clausura estivo presente o presidente da Apehl, Cheché Real.

Exit mobile version