A medida foi consensuada coa Asociación Protectora de Animais Coletiñas “buscando unha solución para reubicar a colonia que hai na zona para evitar problemas de convivencia no barrio”
Cervo, novembro de 2022. O Concello de Cervo, en coordinación coa Protectora de Animais Coletiñas, vén de habilitar un espazo para que as persoas autorizadas –neste caso as persoas que integran a protectora- alimenten á colonia de gatos que hai na zona da Galiñeira, en Lieiro.
Villares explicou que esta foi a solución que buscamos, en consenso con Coletiñas, para “tentar reubicar esa colonia nun lugar afastado das vivendas, para tentar así evitar problemas de convivencia no barrio”.
Desde o Concello de Cervo, fan un chamamento á colaboración veciñal para que se respecte este sistema de alimentación establecido pola protectora, “porque é a forma de conseguir un equilibrio na convivencia”.