Site icon Crónica3.com A Mariña

Carlos callón presenta en Ribadeo ‘O libro negro da lingua galega’. O xoves na Casa do Viejo Pancho, e o venres no colexio Sagrado Corazón e no IES Dionisio Gamallo

Ribadeo, 1 de novembro de 2022. A Casa do Viejo Pancho acollerá o vindeiro xoves, 3 de novembro, a presentación de O libro negro da lingua galega, do que é autor Carlos Callón.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “o acto terá lugar na sala de presentacións a partir das 20:00 horas. Carlos Callón é doutor en filoloxía e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística”.

Otero Cabarcos explicou que “tamén haberá charlas de presentación de Carlos Callón o 4 de novembro en centros de ensino de Ribadeo. Ás10 da mañá será no salón de actos do Colexio Sagrado Corazón e ás 11.30 horas no salón de actos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo”.

A edil ribadense engadiu que “esta actividade, enmarcada no ciclo #OConcelloCosColes, está organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Mesa pola Normalización Lingüística”.

Exit mobile version