Barreiros, 7 de novembro de 2022. A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros organiza o vindeiro sábado, 12 de novembro, unha ruta a San Andrés de Teixido.
O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a ruta desenvolverase entre Cabo Ortegal e o santuario de San Andrés de Teixido. Son un total de 16 quilómetros”.
Gómez Puente sinala que “para os que imos facer a ruta a pé a saída desde Cabo Ortegal será ás sete da mañá. E para os que vaian pasear será a partires das nove. Xa á unha do mediodía asistiremos á misa no santuario e ás tres teremos xantar nun restaurante da zona”.
E engadiu que “o prezo da viaxe é de 10 euros e o da comida de 15 euros. A hora prevista de chegada a Barreiros será ás sete da tarde”.
O presidente de Camiñantes e Camiños de Barreiros anima “a participar nesta ruta, que facemos no outono a San Andrés de Teixido. É un bo momento para compartir camiño, conversa e xantar”.
As persoas interesadas en obter máis información sobre esta actividade poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 623 226 825.