Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 15 de novembro está aberto o prazo de solicitude de subvencións de concorrencia competitiva na Área de Deportes do Concello de Ribadeo

Ribadeo, 11 de novembro de 2022. Ata o 15 de novembro está aberto o prazo de solicitude de subvencións de concorrencia competitiva na Área de Deportes do Concello. Jorge Díaz Freije, concelleiro de Deportes, destaca a ampla oferta deportiva da que gozan as nenas e os nenos de Ribadeo.

O edil ribadense contou que “desde a Área de Deportes do Concello informamos de que xa está aberta unha nova convocatoria de subvencións de concorrencia competitiva tanto en eventos como en actividade deportiva no 2022. O prazo de solicitude abriuse o 31 de outubro e remata o 15 de novembro”.

Díaz Freije explicou que “se destina a esta convocatoria unha partida de 5.000 euros, que sumada ás nominativas fan un montante total de 48.000 euros que o Concello de Ribadeo aporta para as actividades do deporte formativo e de base, que é polo que apostamos todos os anos”.

O concelleiro de Deportes engadiu: “estamos orgullosos de que cada día nenos e nenas practiquen e diversifiquen os seus deportes, porque vemos que van probando dun lado ou doutro. E iso é unha axuda para que todas estas nenas e nenos desfruten de toda a diversidade que se promove desde os clubs e entidades deportivas e agradecémoslles o esforzo que fan todos os anos, xa que sen eles sería imposible ter este abano tan completo e tan importante para o Concello de Ribadeo”.

Exit mobile version