Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata este domingo celébranse en Ribadeo as primeiras xornadas de internacionalización da Formación Profesional, que organiza a Apaga

Ribadeo, 19 de novembro de 2022. Ata mañá, 20 de novembro, celébranse en Ribadeo as primeiras xornadas de internacionalización da Formación Profesional, que organiza a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. Á cita acoden técnicos de empresas de Turquía e de Croacia.

Nas xornadas estiveron a abordarse temas como o proceso de dixitalización das empresas, a comunicación entre as empresas e os centros de Formación Profesional e a incorporación do vehículo eléctrico, entre outros contidos. Os técnicos turcos e croatas visitaron estes días diferentes institutos e firmas da comarca “para ensinarlles o sistema educativo español e os sistemas produtivos”, segundo explicou Sandra Gómez, a responsable de proxectos de Mobilidade Erasmus + de Apaga.

Hoxe pola mañá houbo un acto de benvida por parte do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, nas instalacións de Apaga. E esta noite terá lugar unha cea con empresarios da Mariña.

Exit mobile version