Mondoñedo, 30 de novembro, 2022. O Concello de Mondoñedo presenta as Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía que chegan, neste ano 2022, á súa vixésimo segunda edición.
As datas de celebración serán os días 16, 17 e 18 de decembro de 2022 que son respectivamente venres, sábado e domingo.
As conferencias, o presente ano, serán no Pazo Santomé, na rúa Julia Pardo, en Mondoñedo, como ven sendo nestes últimos anos e levarase a cabo unha visita guiada, en Mondoñedo, pola zona do río do Sisto, o sábado día 17, pola mañá, para coñecer unhas captacións de auga do século XVIII.
A matrícula segue a ser gratuíta e para inscribirse no curso pódense empregar os teléfonos, do Concello de Mondoñedo, 982 52 40 03, ou 982 50 71 77, ou directamente enviar os datos persoais ao seguinte enderezo de correo electrónico xornadas.arqueo@gmail.com. (nome completo, DNI e contacto).
O prazo de matrícula finaliza o venres, día 16, ás 14:00h.
Horario detallado, conferencias e poñentes
Venres 16 de decembro
19:30h. Entrega de Documentación.
19:45h. Acto de Inauguración.
20:00h. Conferencia.
“A documentación histórica como ferramenta para a intervención arqueolóxica”
Prof. Dr. D.Gonzalo Francisco Fernández Suárez
Profesor da Facultade de Humanidades – USC – Campus de Lugo
Sábado 17 de decembro
10:00h. Visita guiada /conferencia (ruta andando).
“Unha captación mindoniense de auga do século XVIII”
Saída dende o Campo dos Paxariños ou da Feira (Mondoñedo).
18:00h. Conferencia.
“A «Britonensis Ecclesiæ» e a «Dumiensis Ecclesiæ”: antecedentes históricos da «Menduniensis Ecclesiæ»”
Dr. D. Carlos Andrés González Paz
Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (CSIC – Xunta de Galicia)
Domingo 18 de decembro
12:00h. Conferencia.
“La transformarción de las comunidades indígenas del noroeste hispano”
Prfa. Dra. Dna. María Dolores Dopico Caínzos
Profesora da Facultade de Humanidades – USC – Campus de Lugo
Entrega de diplomas.