Ribadeo, 20 de novembro de 2022. Este luns, 21 de novembro, estará en Ribadeo Xerardo Rodríguez, coordinador de programas da Asociación Agalure (A Coruña) para charlar sobre o Uso, abuso e adicción ós xogos de azar.
Estará co seguinte alumnado:
-4º ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros
-FP Básica do CIFP Porta da Auga
-4º de ESO do Colexio Sagrado Corazón
Comezará a actividade no IES Dionisio Gamallo Fierros ás 10:00 da maña ata as 12:20 horas, para continuar no CIFP Porta da Auga de 13:00 a 14:00 horas e posteriormente estará pola tarde co alumnado do Sagrado Corazón de 15:30 a 17:10 horas. En total participará nesta actividade 118 alumnas e alumnos.
Agalure é unha asociación fundada no ano 1994 para dar cobertura a persoas afectadas pola ludopatía. Actualmente desenvolven labor asistencial e tamén preventiva.
Esta actividade está organizada pola Concellaría de Servizos Sociais, da que está a cargo Mónica Freire, dentro do Programa de Prevención de drogodependencias e outros trastornos aditivos.