O pasado 13 de setembro, Masha Amini, unha xove iraniana foi golpeada e asasinada a mans da policía, polo simple feito de non levar o velo como marca a lei. A día de hoxe, Ana Baneira, activista galega, está detida pola policía da Moral, en Teherán, ao participar nas manifestacións tras a morte de Masha. Dende o CEIP Fondo Nois amosan o apoio e solidariedade ás mulleres de Irán, na loita e na defensa dos seus dereitos e liberdades e así acabar coa discriminación de xénero. “Hoxe, todas e todos somos Masha e Ana”.