Ribadeo, 19 de novembro de 2022. O luns, 21 de novembro, ábrese o prazo de inscrición na XXXII San Silvestre de Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou: “hoxe presentamos unha nova edición da San Silvestre de Ribadeo, que é a trixésimo segunda. Os premios seguen sendo da mesma cantidade e do mesmo xeito que na anterior. O prazo de inscrición empeza o 21 de novembro e remata o 26 de decembro, ambos incluídos”.
O edil ribadense lembrou que “esta nova edición vén precedida da anterior, que estivo marcada polo Covid e parte desa carreira se fixo con máscara, pero logrouse levar a cabo esa edición”.
Díaz Freije agarda que sexan moitas as persoas as que se animen a inscribirse e a correr a San Silvestre 2022: “esperemos que este ano sexan moitos inscritos, que veñan a Ribadeo despedirse deste ano 2022 e que dean a entrada ao 2023. Quero desexarlles a todos os participantes un bo ano e saúde”.
No acto de presentación participaron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Deportes, Turismo e Igualdade, Jorge Díaz, Pablo Vizoso e Mónica Freire, así coma o técnico de Deportes, Iván López.