Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta reafirma o seu compromiso de seguir loitando por unha sociedade libre de violencia

Lugo, 25 de novembro de 2022. A Delegación Territorial da Xunta en Lugo sumouse hoxe á conmemoración do 25-N cunha concentración no exterior da súa sede na que participou o delegado territorial, Javier Arias; e a lectura da declaración institucional a cargo da xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, María José Gómez, e da responsable da Unidade Administrativa de Igualdade de Lugo, Coro Piñeiro.

Arias reafirmou o compromiso da Xunta “na loita para acadar unha sociedade libre de violencia” e salientou que en 2023 os recursos da Administración galega para combater a lacra da violencia machista ascenderán a 20,5 millóns de euros, un 14,7% máis que no ano anterior, co obxectivo de “manter e ampliar os servizos e prestacións a disposición das vítimas”.

Exit mobile version