Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta premia o traballo do alumnado do IES Monte Castelo de Burela no certame convocado polo 25-N

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, explica que o xurado recoñeceu o valor das propostas presentadas, nas que primaron as mensaxes de concienciación e prevención da violencia de xénero e de denuncia desta lacra

Lugo, 16 de novembro de 2022. Cadanseus traballos presentados por escolares do IES Ánxel Fole (Lugo) e Monte Castelo (Burela) foron premiados no certame de creación gráfica e audiovisual convocado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con motivo do 25-N, día internacional contra a violencia de xénero.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que Miguel Ángel García Goyos, alumno de 1º de ESO do IES Ánxel Fole, foi gañador na 1ª categoría de imaxe gráfica -para 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e educación especial- , cunha proposta titulada Non sexas o seu xoguete.

Pola súa banda, un equipo do instituto Monte Castelo de Burela obtivo o segundo premio da súa categoría na modalidade audiovisual pola montaxe Non cales. Fala, realizada por un grupo de oito mozos e mozas de 1º de Bacharelato deste centro educativo. A 2ª categoría inclúe os traballos presentados por 3º e 4º de ESO, 1º e 2º de BAC , FP básica e ciclos de grao medio e superior.

Exit mobile version