Das preto de 7.000 tarxetas emitidas, xa operaron máis do 52%, das cales a cuarta parte xa consumiu todo o saldo. Hai tres tipos de bonos: 250€, 375€ e 500€, dos cales a Xunta asume o 40% do gasto e os usuarios o 60% restante
Durante o desenvolvemento do acto, Nava Castro expuxo que esta iniciativa naceu para fomentar a desestacionalidade turística. Nesta convocatoria a tarxeta non estivo operativa entre o 1 de xullo e o 15 de setembro. Adheríronse 937 establecementos e foron comercializados 391 paquetes turísticos A data límite para o seu consumo é ata o 31 de decembro de 2022.
A iniciativa Bono Turístico naceu no marco do plan de choque impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar o consumo directo no sector turístico como consecuencia da crise do coronavirus. Os excelentes resultados das pasadas edicións permitiron consolidar esta iniciativa coma unha ferramenta de fomento do consumo no sector turístico, que foi moi ben recibida tanto polo sector turístico galego como polo conxunto da poboación.
Gracias a elo, naceron tres tipos de bonos, de 250€, 375 e 500€, dos cales a Xunta asume o 40% do gasto e os usuarios o 60% restante.En canto a distribución das operacións, a provincia con maior volume de compras foi Pontevedra, que acumula case a metade do total (46%), seguida da Coruña (24%), Lugo (17,5) e Ourense (10,6%).