O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que hoxe mesmo se asinou un convenio de colaboración coa asociación de veciños da parroquia, que xestionará os traballos
Arias sinalou que a Consellería asinou hoxe mesmo un convenio coa citada asociación, que promoveu e xestiona os traballos. En concreto, construirán un muro de peche perimetral para darlle seguridade ao recinto, xa que o terreo colindante sitúase nun plano superior. Ademais, acondicionarán o camiño de acceso peonil.
O delegado destacou a necesidade de colaborar coas asociacións para mellorar a calidade da vida local e a prestación dos servizos de interese veciñal; “o apoio económico da administración é indispensable para que os colectivos veciñais poidan levar a cabo os seus proxectos”, apuntou.
Neste sentido, lembrou que a Xunta valora o papel das asociacións veciñais, coas que desenvolve un importante traballo que contribúe á cohesión territorial e a equilibrar as disparidades no desenvolvemento socioeconómico do territorio, mitigando os desequilibrios entre o medio rural e urbano e contribuíndo á fixación de poboación.
Dende o PP local, o voceiro do Grupo Municipal, Daniel Vega, destaca “o importante investimento da Xunta para recuperar o patrimonio de todos” tras participar no acto de sinatura dun convenio de colaboración entre a asociación de veciños de Santalla e a Xunta de Galicia que aportará 15.000 euros para mellorar o acceso e o entorno do cemiterio desta parroquia ribadense e “cumprir cunha reivindicación de fai tempo dos veciños a outras administracións”.
Vega explica que as actuacións previstas consisten na limpeza e acondicionamento do camiño, a construción dun muro de contención no cemiterio, a instalación de tuberías para drenar a auga e dunha varanda de madeira.
O popular agradece “a visita do delegado da Xunta a Ribadeo para explicar e firmar o convenio coa entidade que solicitou esta inversión”.