Xove, 3 de novembro de 2.022. Os días 3, 4, 7 e 8 de novembro Xove volve a recibir a unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” promovido dende a Consellería de Política Social.
Este programa ofrece servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria, para maiores de 55 anos, que poderán acceder gratuitamente aos diferentes servizos que se ofertan no programa.
– Servizo de Audioloxía , consistente nunha revisión e valoración auditiva.
-Servizo de Podoloxía para prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés.
-Servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, consistente en realización de probas de valoración cognitiva e funcional.
Todas as persoas interesadas en participar neste programa, poderán reservar a súa cita no teléfonos 622748283 e 623546992.
A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida e estará situada na praza do Concello, dende as 9 da mañá ata as 8 da tarde, en horario continúo.