Site icon Crónica3.com A Mariña

A unidade móbil de ‘Coidados porta a porta’ atendeu 117 consultas nas dúas estancias en Trabada

O delegado territorial, Javier Arias, lembra que nestes días está en Lourenzá e A Pontenova, de onde pasará a Mondoñedo e Riotorto

Lugo, 28 de novembro de 2022. A Consellería de Política Social e Xuventude atendeu un total de 117 consultas nas dúas estancias en Trabada da unidade móbil do programa Coidados porta a porta; a primeira foi no mes de maio e a segunda entre o mércores e o venres da semana pasada. Dese total, 50 foron de podoloxía, 43 de valoración da audición e 24 de valoración cognitiva e estimulación da memoria.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembra o éxito deste programa, posto en marcha no mes de abril. Oito autobuses percorren máis de 300 localidades galegas con profesionais de cada unha das especialidades citadas, permanecendo entre tres e catro días en cada concello e atendendo con cita previa. “O éxito tradúcese en que cando retornan a unha localidade a demanda é aínda maior que na primeira visita”, explicou Arias. No caso de Trabada, asistiron en maio a 47 persoas e nesta última estadía a 70.

A unidade móbil está nestes primeiros días da semana en Lourenzá (ata mañá) e A Pontenova (ata o mércores), para logo recalar en Mondoñedo (o 30 de novembro e os días 1, 2 e 5 de decembro) e Riotorto (1, 2 e 5 de decembro).

Exit mobile version