Isabel Rodríguez avanzou que o Goberno ten previsto en Foz a execución dun sendeiro peonil entre as praias de Peizás e A Pampillosa, con 1M€; e diversas melloras na praia de Llás, con outros 400.000€
“Estas obras son para favorecer o mellor aproveitamento dos valiosos recursos naturais cos que contamos na Mariña, para que poidan ser desfrutados con maior comodidade tanto polos veciños e veciñas como polos turistas, sempre mantendo un absoluto respeto polo medio ambiente”, manifestou Isabel Rodríguez que remarcou que “demostramos con feitos a aposta do Goberno pola conservación e mellora da costa da Mariña”.
Entre as principais actuacións que abordaron destacan o proxecto de obtención de espazos para uso público e execución do sendeiro peonil entre as prais de Peizás e A Pampillosa. Trátase da creación de un sendeiro peonil entre as dúas praias nuns terreos que xa foran expropiados con este fin. O Goberno sacou a licitación esta actuación por un orzamento de 1 millón de euros. O proxecto consiste na creación dun sendeiro cunha lonxitude de 1.600 metros e permitirá o peche definitivo do paseo xa existente pola costa, entre a praia dos Fondás, na ría de Foz, e o interior da ría do Ouro.
Do mesmo xeitos, en Foz o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ten previsto investir 400.000 euros para diversas melloras na praia de Llás. Ademais, está traballando actualmente en traballos de conservación e mantemento na praia de Pampillosa, cun achega de 80.000€.
Durante o encontro, Rodríguez e Esteban tamén trataron o proxecto de novas melloras na praia de Arealonga en San Miguel de Reinante, no Concello de Barreiros. Estas obras, que están en licitación cun orzamento de 552.000€, consistirán na recuperación do ecosistema da praia de Arealonga. Para iso está prevista a demolición de estruturas e pavimentos no sistema dunar, a erradicación de especies invasoras que supoñen unha importante ameaza, como é o caso da herba da Pampa, a posterior restauración de especies autóctonas e a protección e posta en valor do sistema dunar. Posteriormente, executaranse novos accesos e melloraranse os existentes. Ademais, o proxecto completarase coa adaptación do edificio de servizos existente para persoas con mobilidade reducida.
Respecto das actuacións que se prevén realizar no Concello do Vicedo, a Subdelegada lembrou que Costas recuperará a servidume de tránsito entre Os Castelos e a praia de Fomento e a execución dun sendeiro litoral. Ademais da creación do sendeiro peonil, esta actuación inclúe a recuperación da antiga fábrica de salazón existente no contorno. Este proxecto ten un orzamento aproximado de 400.000 euros e está en fase de expropiación dos terreos por parte do Concello. Ditos traballos, ao longo duns 400 metros, permitirán rematar a conexión peonil pola costa entre a praia de Fomento e Arealonga.