Esta mesa recollerá tamén sinaturas en apoio da ILP para a defemsa de Atención Primaria
A mesa redactará e rexistrará reclamacións de todo o relativo a listas de espera excesivas para consultas, probas diagnósticas ou intervencións, así como tamén informará ás veciñas e veciños daquelas cuestións relacionadas. Nesta ocasión tamén haberá una recollida de sinaturas en apoio á ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria. Esta iniciativa recolle medidas tan importantes como establecer a presencialidade, dotar do persoal sanitario e administrativo suficiente para manter a calidade asistencial, incorporar novas categorías como logopedia, podoloxía, psicoloxía clínica, etc para ofertar una asistencia integrada ou recuperar as xerencias de Primaria.
Desde o colectivo sanitario animan a veciños e veciñas a que acudan o martes 8 de novembro ao hospital da Mariña para facer efectivas as súas reclamación e para apoiar coa súa sinatura esta iniciativa lexislativa popular “para defender una Atención Primaria que esmorece diante dos nosos fuciños coa connivencia do goberno da Xunta”- conclúe Montse Porteiro, coordinadora do colectivo sanitario.